As reservas de sangue A positivo, A negativo e 0 negativo están baixas

ADOS chama á cuidadanía a doar sangue.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/02/2025 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e de Sangue (ADOS) chama á cuidadanía a doar sangue, especialmente a persoas dos grupos sanguíneos A positivo, A negativo e 0 negativo, por ter baixas as reservas.

Segundo os datos que semanalmente ofrece o Servizo Galego de Saúde (Sergas), os grupos B positivo, B negativo, AB negativo están en reservas normais, mentres que nun nivel bo están as de AB positivo. O Sergas lembra que precisa 500 doazóns cada día para atender aos pacientes que necesiten recibir unha transfusión porque hai que operalos, transpartarles un órgano ou padecen cancer, entre outros motivos.

Por tanto, chama a todos os galegos a achegarse algunha do dez unidades móbiles que diariamente percorren a comunidade ou a un dos centros fixos de doazón.

Bus de ADOS en Stellantis Vigo / ADOS - Arquivo / Europa Press
Bus de ADOS en Stellantis Vigo / ADOS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta