(Vídeo) Así é Tradi, a nova canción dos directos de Budiño

Mestura o ritmo tradicional co electrónico.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/12/2024 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Budiño acaba de presentar, Tradi, unha canción creada en exclusiva para os seus directos, con gran acollida entre o público, agora tamén poderá escoitarse en todas as plataformas dixitais. 

budiño, womex
budiño, womex

"Tradi é unha celebración, que inclúe os dous ritmos máis representativos da música tradicional galega, seguindo a senda de 'Branca Vela', destacan as percusións tradicionais, a electrónica e as voces máis ancentrais", apunta a súa discográfica. "O seu obxetivo sempre foi que a música galega trascenda máis alá de fronteiras lingüísticas e estilos musicais, achegar a tradición galega á vangarda", engade. 

Budiño volve fusionar a forza da tradición dende o seu enfoque máis contemporáneo, virtuoso do seu instrumento co seu personalísimo estilo, é considerado unha das principais figuras da música galega actual e un dos grandes responsables da reforma e internacionalización da música tradicional. O video clip de TRADI está gravado o 14 de agosto de 2024 na Praza de María Pita na Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta