Resultados positivos na conservación da píllara das dunas por "unha diminución" do impacto humano en praias

Este ano se monitoraron un total de 124 niños repartidos entre 23 areais galegos, cifras que superan os 86 niños en 19 areais sobre os que se actuou o ano pasado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2024 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O proxecto Iberalex en Galicia para mellorar o estado de conservación da píllara das dunas, no que participan, entre outros socios, a Xunta e a Universidade de Santiago (USC), continúa dando resultados positivos na procura de reducir o impacto que teñen os usos recreativos e humanos nas praias galegas nas que nidifica esta ave sobre a súa reprodución.

Así o informa a Xunta despois de que a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, presidise este mércores a reunión do Observatorio Galego da Biodiversidade ante o que se expuxeron os principais resultados desta iniciativa, financiada con fondos do Programa de cooperación Interreg España-Portugal.

Nel, enmárcanse diferentes traballos de seguimento e conservación da píllara das dunas, unha ave incluída no catálogo galego de especies ameazadas na categoría de 'vulnerable', que conta cun plan de conservación e da que Galicia concentra a única poboación existente na costa cántabro-atlántica española.

En concreto, os membros do Observatorio foron informados de que este ano se monitoraron un total de 124 niños repartidos entre 23 areais galegos, cifras que superan os 86 niños en 19 areais sobre os que se actuou o ano pasado.

"Grazas a este seguimento constatouse que os ovos de 56 dos niños vixiados en 2024 chegaron a eclosionar e 51 dos nados lograron voar con éxito", explica a Consellería de Medio Ambiente.

Así mesmo, e con respecto ao proxecto de cría ex situ ou en catividade da píllara que leva a cabo no Centro de Recuperación de Fauna de Oleiros (CRF), durante a tempada 2024 naceron un total de 36 sendo liberados 34 deles.

Reunión do Observatorio de Biodiversidade. XUNTA
Reunión do Observatorio de Biodiversidade. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta