Traballadores dos hospitais Arquitecto Marcide e Naval de Ferrol denuncian a "dedocracia" da nova xerencia

Acusan á nova xerente da área sanitaria de "tirar polo chan" o acordo que tiñan para o concurso de traslados para "colocar a algunha xente onde eles pretenden, sen atender aos seus méritos".

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 19/12/2024 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Traballadores sanitarios concentráronse na mañá deste xoves no hall de entrada do Hospital Arquitecto Marcide e Hospital Naval de Ferrol, secundada a convocatoria realizada por CIG-Saúde, contra o que eles denominaron "dedocracia". A secretaria comarcal da Federación deste sindicado na comarca de Ferrol, Sandra Martínez, trasladou a Europa Press que se concentran "contra a dedocracia" que están a vivir coa "nova xerente na área Sanitaria de Ferrol" e que teñen "a sensación de que nos quere botar un pulso". "Tiñamos un acordo do pasado ano e este quixeron tiralo polo chan, para colocar a xente que vén ao concurso de trasladados", sostivo.

Segundo indicou, tiñan unha forma de ordenarse que era "por méritos baremables, nota de exame, tempo de antigüidade ou cursos", mediante o que "se ofrecían os diferentes postos que hai". Con todo, denuncia que "agora pretenden facer a trampa e colocar a algunha xente onde eles pretenden, sen atender aos seus méritos". A representante sindical nacionalista asegurou que a actual situación "é para nós moi grave, por iso chamámoslle 'dedocracia' e a maiores é romper un acordo que tiñamos, no que a Xerencia empeza rompendo este acordo e non sabemos onde van chegar", sentenciou.

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol
Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta