Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2024 | Actualizada ás 14:01
O conselleiro de Emprego, José González, mantivo unha reunión no marco do diálogo social co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites; o secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, e coa secretaria xeral de Comisiónis Obreiras Galicia, Amelia Pérez, para abordar o plan de traballo de 2025 con retos como a cobertura de vacantes, así como casar oferta e demanda. En declaracións á prensa, o conselleiro explicou que neste encontro expóñense os 497 millóns de orzamento de Emprego para 2025, a colaboración público-privada e a mellora da empregabilidade, entre outras cuestións.
Así, o conselleiro referiuse á ferramenta de intelixencia artificial (EMi) para o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano, co obxectivo de axustar oferta e demanda de maneira máis eficaz. En 2025, o desenvolvemento desta ferramenta continuará cun orzamento de 1 millón de euros para novas accións, como unha aplicación móbil que permitirá a colectivos estratéxicos como xente nova realizar autoperfiles e beneficiarse das recomendacións na procura de emprego. Outros 1,6 millóns destinaranse a obras nas oficinas de emprego.
Tamén pon o foco na flexibilización da formación, unha prioridade que "parece ser que non coincide co Goberno central", a través de microformacións e microcredenciais. De cara ás mesas de traballo do diálogo social en 2025, haberá unha nova organización, cunha mesa específica distribuída nos grupos de traballo de políticas activas de emprego, flexibilidade da formación, prevención de riscos laborais, absentismo e igualdade laboral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.