Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 24/02/2016 | Actualizada ás 17:56
SOS PANADEIRA denunciará no Parlamento Europeo a “desfeita” que, segundo eles, ten provocado o Real Club Naútico de Sanxenxo (RCNS) ao construír un peirao deportivo en dúas praias urbanas da localidade.
Os membros desta entidade reivindicativa foron convidados pola eurodeputada de AGE en Europa, Lidia Senra, logo de tres años de defensa das praias urbanas Panadeira e Iriña. “Varias son sas reunións, tomas de contacto e as aprendizaxes que desexamos ter en Bélxica”, apunta.
Os cinco integrantes de SOS PANADEIRA que viaxan á sede do Parlamento Europeo levan dosieres con información dos tres anos de traballo en prol dos espazos públicos de Sanxenxo e criticarán “a cacicadas, traizóns e inacción por parte das administracións” no caso das dúas praias da localidade.
“Os tentáculos do poder invisibel están neste caso representados polo RCNS, pero non olvidamos a connivencia necesaria das administracións que pagamos e nos representan. O poder que detenta o Parlamento Europeo ten un perfil ético, medioambiental e social que non ten parangón na política cercana que campa con tufo a avaricia e intereses escuros”, suliña a entidade.
SOS Panadeira acusa á RCNS que preside o famoso regatista Pedro Campos, que cos veciños, de usurpar terreo público co visto e prace da administración local e autonómica. Por iso, decidiron levar o caso á Fiscalía anticorrupción.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.