Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2024 | Actualizada ás 20:24
A Xunta asegurou que "ningún concello" ata o momento solicitou ser declarado zona tensionada, unha ferramenta que o Goberno galego "non considera eficaz" para atallar o problema do acceso á vivenda.
Así o destacou o secrtario do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, en resposta unha pregunta parlamentaria formulada pola deputada do BNG Alexandra Fernández na Comisión 2ª do Parlamento galega.
Ante as críticas da parlamentaria nacionalista, que acusou á Xunta de dar "bandazos" na súa postura sobre a aplicación da lei de vivenda estatal, García remarcou que cre que a declaración de zonas tensionadas "trae máis incertezas que confianza ao mercado residencial".
Neste sentido, afirmou que o Goberno autonómico "sempre" defendeu que non declararían "de oficio" zonas de mercado residencial tensionado pero "tamén sempre" se situou a favor de "cumprir a lei".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.