Temas: TOURADA LUGO

Lugo convértese no 18° municipio galego 'libre de touradas'

Só dúas vilas galegas manteñen eventos tauromáquicos fronte aos 18 municipios e ás deputacións da Coruña e Pontevedra "abolicionistas".

Por Galicia Confidencial | Lugo | 25/02/2016 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este xoves a moción da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e da Asociación Animalista Libera para declarar o municipio 'libre de touradas', co compromiso de que o goberno non subsidiará ou apoiará esta clase de eventos, instando tamén á Xunta a derrogar a excepción legal que agora permite as corridas de touros na comunidade na Lei 1/93 de Protección dos Animais.

Contra as touradas
Contra as touradas

O texto, presentado polo grupo de goberno, do PSdeG, pon fin a unha campaña iniciada polos colectivos animalistas e abolicionistas que chegou a recoller perto de 15.000 sinaturas na plataforma de activismo dixital Change.org  contou cos votos positivos do propio Partido Socialista e dos grupos municipais de Lugonovo, BNG e Alternativa Cidadá de Esquerdas, mentres que o Partido Popular e os dous edís de Ciudadanos abstivéronse, sumando 14 votos a favor e 11 abstencións.

Deste xeito Lugo converteuse no municipio número 18 en dar soporte á aposta cidadá por unha Galicia libre de touradas, manifestando unha postura clara tamén contra o uso de fondos de titularidade pública para apoiar espectáculos de tauromaquia.

Ademáis das dezaoito localidades que sumaron a esta rede, as deputacións da Coruña e Pontevedra aprobaron a finais de 2015 sendas iniciativas para bloquear calquera subsidio ás touradas, convertíndose nos únicos entes provinciais que se manifestaron contrarias á tauromaquia no conxunto do estado español.

Temas: TOURADA LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 nostrus

A min non me gustan os touros, pero a abolicion das corridas ten que ir acompañada dun recoñecemento social. Imaxinemos que os que estan contra as procesions de Semana Santa fosen tan intolerantes como os antitaurinos fixeran o mesmo. Logo verian os antifutboliticos, os anticaza, os antipesca, os antihomenaxes a Castelao ctr. Postos a non tolerar o que non nos gusta todo estaria prohibido porque "todos temos argumentos", polo que debemos pensar en convencer, antes prohibir algo ampliamente aceptado pola sociedade.

1 Xavier Perdiz

Non: converter a morte dun animal nun espectáculo para goce dos humanos non é comparable a todos os outros exemplos que vostede apunta. É a busca dese goce no sufrimento o que o fai rexeitable. Os humanos podemos aproveitar a nosa superioridade sobre o resto dos animais da natureza, mesmo para alimentarnos; pero eu penso que non temos o dereito á diversión co seu sufrimento.