Un galego, entre os premiados nos Oscar

Nico Casal foi o intérprete da banda sonora de 'Stutterer', a cinta que levou o premio á mellor curtometraxe.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/02/2016 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

No words! //sin palabras, esto es una locura!!! #Oscars2016#Stutterer”. Así escribía na súa conta de Twitter o compostelán Nico Casal, o que estaba vivindo na cerimonia de entrega dos Oscar. E é que 'Stutterer', unha curtometraxe cuxa banda sonora é da súa autoría, recibiu unha estatua.

O compositor Nico Casal
O compositor Nico Casal | Fonte: about.me

Esta cinta impúxose a Ave Ave Maria; Day One; Everything Will Be Okay (Alles Wird Gut) ou Shok. Houbo que agardar ata pasadas as catro da mañá deste luns para coñecer ao gañador.

A curtometraxe galardoada narra como un home solitario tenta superar os seus problemas para falar cando intenta conseguir unha parella.

Nico Casal, xa foi o encargado de poñerlle música en 2014 ao anuncio do segundo equipamento de España para o Mundial de Brasil. Leva xa catro anos vivindo en Londres e ten participado xa na banda sonora de varios anuncios, como o da cervexeira Guinnes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta