Por GC Tendencias | Vigo | 01/03/2016 | Actualizada ás 12:58
Dentro das novidades arredor da figura homenaxada no Día das Letras deste 2016, Editorial Galaxia tira do prelo Labrego con algo de poeta. Unha biografía de Manuel María, na que Mercedes Queixas Zas segue o roteiro vital do poeta, entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires, ata consturír un “testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade” do poeta.
A autora entregoulle o primeiro exemplar deste Labrego con algo de poeta a Saleta Goi, compañeira e confidente de Manuel María, protagonista directa de moitas páxinas deste libro, co seu agradecemento sincero “pola súa resposta atenta a todas as miñas preguntas, pola súa conversa sempre ilustrada, pola súa ética e coherencia vital e pola súa amizade cómplice”.
Neste libro, Mercedes Queixas segue -en efencto- o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María.
Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é profesora de lingua e literatura galega no ensino secundario. Ademais de breves ensaios de carácter divulgativo, como Os trobadores do Reino de Galiza (1997), escribiu Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002) e Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009). Colaborou na Historia da literatura galega (1996) e é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). En 2011, publicou Vivir, unha aventura irrepetíbel, biografía da poeta María do Carme Kruckenberg.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.