Temas: NADAL LOTARíA

O sorteo de 'El Niño' deixa en Galicia premios moi distribuídos por distintos municipios galegos

Houbo números premiados en varias localidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2025 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O sorteo de 'El Niño' trouxo de novo a alegría a Galicia, aínda que máis contida respecto ao sorteo do Nadal, e con premios moi distribuídos por toda a xeografía galega, ao tratarse de vendas, en xeral, de poucos décimos, e en diferentes localidades.

Este foi o caso do segundo premio, o número 06766, que se vendeu na cidade de Ourense e na de Vigo e tamén en varias localidades tanto da provincia da Coruña como da de Lugo.

No da primeira, foi nos municipios de Oza-Cesuras e de Touro, ademais da cidade de Ferrol mentres que na provincia lucense vendeuse nos de Becerreá e Riotorto. A este segundo premio correspóndenlle 750.000 euros por serie, 75.000 euros ao décimo.

O terceiro, o número 66777, caeu tamén repartido nas provincias da Coruña, Pontevedra, e Lugo. En concreto vendeuse na cidade herculina e tamén en Ares, en Santiago de Compostela, nas Pontes e en Santa Uxía de Ribeira, no caso da provincia coruñesa.

Na de Lugo, foi en Rábade, Castroverde, Sarria e Vilalba, mentres que na de Pontevedra vendeuse en Priegue, no municipio de Nigrán. Nesta provincia, adquiriuse tamén en Vigo e Tomiño. Ao mesmo correspóndenlle 250.000 euros por serie, 25.000 ao décimo.

ALGUNHAS VENDAS, EN ESTANCOS

Xa sexa en estancos, como ocorreu nalgúns casos, ou en administracións de lotarías, os seus propietarios mostraban a súa satisfacción aínda que admitían que non é o mesmo que no sorteo de Nadal. De feito, algúns puntos de venda onde se repartiron permanecían pechados, como a administración do centro comercial Catro Camiños da Coruña, onde se vendeu o terceiro premio.

Outros aseguraban que se trata dun sorteo condicionado pola festividade do Día de Reis de, aínda que no algún caso recibiran a chamada de clientes para agradecerlles que lles venderon un décimo agraciado.

Así o explicaba a Europa Press Esperanza Quinteiro, desde Touro, que sinalaba que na súa administración de lotaría venderon dez décimos, despois de traer a sorte no Nadal cun cuarto premio. No sorteo de 'El Niño' de fai dez anos venderon uns terceiro premios.

Igual de contenta mostrábase Raquel Beiro desde Nigrán que, no seu caso, vendeu só dous décimos desde o seu estanco, pero satisfeita igualmente por repartir premio. "Aínda non sabemos", precisou, á súa vez, José Antonio Rei, desde o seu estanco de Santiago de Compostela ao ser preguntado polo premio repartido neste sorteo.

Administración de lotaría de Vigo na que se vendeu un segundo premio do sorteo de 'O Neno'. JAVIER VÁZQUEZ
Administración de lotaría de Vigo na que se vendeu un segundo premio do sorteo de 'O Neno'. JAVIER VÁZQUEZ | Fonte: Europa Press

Temas: NADAL LOTARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta