Ferrol, allea ao aviso do PSOE de cortar coas mareas

A tenente alcalde Beatriz Sestayo defende o "equilibrio" do seu concello e lembra que Caballero non se referiu a esta cidade nas súas críticas aos alcaldes das mareas.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 08/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ferrol vive allea as tensións xurdidas entre o PSOE e Podemos. A tenente alcalde de Ferrol, a socialista Beatriz Sestayo, defendeu este luns o "equilibrio" reinante neste goberno, tras as ameazas de dirixentes socialistas de deixar de apoiar aos gobernos de Podemos e as súas confluencias.

Jorge Suárez e Beatriz Sestayo
Jorge Suárez e Beatriz Sestayo | Fonte: galiciaartabra.com

A dirixente socialista dixo que o goberno de Ferrol, do PSdeG e de Ferrol en Común, “funciona bastante ben”, a pesar de que este domingo o rexedor vigués acusou aos seus homólogos de Santiago e A Coruña de "sementar o caos absoluto" alí onde exercen as súas funcións.

Non vou falar da Coruña e de Santiago, por agora o que me corresponde é Ferrol”, salientou Sestayo ao ser preguntada por estas declaracións. "Ninguén ten que ser estrito con ninguén" e no presente "existe equilibrio", por iso é polo que Abel Caballero non citou a Ferrol, dixo.

Sen embargo, tamén criticou a falta de apoio de Podemos ao PSOE para a investidura de Pedro Sánchez, o que "deixa a este país sen goberno, nunha decisión bastante irresponsable para España e para Galicia", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Isidro

Que terá que ver Ferrol coas Mareas?

1 Puha tapacalvas

Claro porque ai o PSOE entrou no goberno e e copartícipe do desastre pero a su xestión é tan mala como a das fochancas ou a non remunicipalización da ORA