Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/03/2016 | Actualizada ás 01:48
O astronauta Tim Peake gravou o pasado luns o momento no que a Estación Espacial Internacional pasaba por riba de Galicia para logo atravesar Europa até Moscova, capital de Rusia.
Peake recolleu o momento nun vídeo de 23 segundos feito coa técnica do timelapse, no que se ve unha Galicia nocturna e iluminada polos grandes núcleos de poboación. Os astronauta publicou en Twitter o vídeo acompañado pola mensaxe "From Spain over France to Moscow on a cloudy night".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.