Ferrol fai públicos todos os seus contratos e subvencións

Na web municipal figuran todos os contratos formalizados desde xuño do 2015. Ferrol en Común e o PSdeG aínda teñen pendente aprobar a Lei de Publicidade Institucional.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol ven de facer públicos este mércores todos os contratos e subvencións asinados polo Goberno local desde o inicio do mandato, en xuño do 2015 a través da web www.ferrol.es, na que tamén se poden consultar as actividades e bens patrimoniais dos 25 concelleiros da corporación municipal.

Jorge Suárez e Beatriz Sestayo
Jorge Suárez e Beatriz Sestayo | Fonte: galiciaartabra.com

Nesta web pódense consultar as subvencións e contratos asinados ata o 8 de marzo, así como as empresa adxudicatarias de obras ou entidades subvencionadas. Os veciños tamén poden consultar as retribucións anuais do alcalde, dos concelleiros con e sen responsabilidade de Goberno, e as asistencias por concorrencia efectiva as sesións dos órganos colexiados (pleno, xunta, comisión, delegacións de Alcaldía e voceiros).

A lei (19/2013) do 9 de decembro obriga a publicar os contratos formalizados desde o 10 de decembro do 2015, con indicación do obxecto e o importe de licitación e duración. Sen embargo, o Concello de Ferrol suliña que “preferiu facelo” desde o inicio do mandato, en xuño do 2015.

Sen embargo, neste portal aínda non se poden consultar as subvencións ou axudas realizadas aos medios de comunicación. De feito, os grupos que compoñen o Executivo ferrolán, Ferrol en Común e o PSdeG, comprometéronse a a presentar unha Lei de Publicidade Institucional a comezos deste ano que aínda non presentaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Oscar Marcos

O da cabalgata de Reis que foi adxudicado a unha empresa de SERVIZOS DEPORTIVOS tamén o fixeron público?