Por Celso Posada | Ferrol | 14/03/2016
Daniel Niebla e Amador Rey eran dous obreiros de Bazan que foron vilmente asesinados pola policia fascista por defender os dereitos da clase obreira e traballadora. Dende o partido politico de esquerdas, socialista e republicano Decide en Común queremos agradecer, homenaxear a Daniel e Amador pola sua dignidade, polo seu compromiso e pola sua loita en defensa dos dereitos da clase obreira e traballadora , das liberdades e da democracia, tamen queremos agradecer e homenaxear a moitas mulleres e homes como Fina Varela, Mela A Carboneira, Sari Alabau, Julio Aneiros,Paco Filgueiras, Paco Balon, Riobo, Rafael Pillado e tantos e tantas outros/as homes e mulleres valentes comprometidos/as na defensa da democracia, das liberdades, dos dereitos da clase obreira e na loita contra o fascismo.
Dende Decide en Común creemos que o mellor recordo, homenaxe, agradecemento que podemos facerlle a estas mulleres e homes valentes e seguir loitando na defensa das liberdades, da democracia, dos dereitos da clase obreira e traballadora e loitando contra as politicas neoliberais e de salvaxes recortes dos gobernos do PP. Viva o 10 de Marzo. Viva a loita da Clase Obreira e Traballadora.