A modificación urbanística que pide Feijóo para Leche Río é ilegal

A Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-administratriva impide que unha administración modifique unha resolución dun órgano lexislativo superior, como é o Tribunal Supremo. Lence basease nun informe da Xunta para pedir a legalización da planta de Leite Río no Ceao.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 17/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O pasado xoves, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistía na necesidade de modificar o PXOM de Lugo tras confirmar o Tribunal Supremo a orde de demolición da planta de Leche Río situada no polígono do Ceao e as ameazas do seu propietario, Jesús Lence, de levar a produción fóra de Galicia. Unha proposta que a lei impide e que, mesmo de executarse, podería incorrer en responsabilidades penais.

O empresario lácteo Jesús Lence nunha entrevista
O empresario lácteo Jesús Lence nunha entrevista | Fonte: sergiobarbeira.com

Así o recolle a Lei de Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-administratriva, que suliña que as autoridades, funcionarios ou axentes da Administración Pública que infrinxan o seu deber fundamental de executar o disposto en sentenza firme poden incorrer en responsabilidade, mesmo penal.

Ademais, esta lei incorpora a previsión específica de nulidade “daquelas actuacións administrativas conducentes a unha simple execución aparente”. En concreto, o artigo 103.4, no marco da fase de execución dos fallos das sentenzas e ante a posibilidade de que por parte da Administración condenada se verifique unha execución formal da sentenza que, de feito, supoña a súa non execución, determina “a nulidade dos actos e disposicións administrativas que provoquen dita inexecución”.
O precepto precisa, ademais, que “serán nulos de pleno Dereito os actos e disposicións contrarios aos pronunciamentos das sentenzas que se diten coa finalidade de eludir o seu cumprimento”. Unha afirmación que impide que o Concello de Lugo modifique o disposto nunha sentenza xudicial, tal e como reclama o presidente da Xunta.
De feito,  Jesús Lence, usou a Alberto Núñez Feijóo como argumento hai uns días. “As súas declaracións corroboran a opinión da Consellería de Medio Ambiente no escrito que lle enviou ao Concello de Lugo o pasado mes de maio, no que lle dicía que tiña que autorizar unha unidade de actuación co terreo necesario e imprescindible para legalizar a planta", indicaba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 eueu

Nivelaso de dirixentes que temos, coma o caso do alcalde que lle pedia á Secretaria do concello que modificase a lei do solo para poder construir a sua casa. PPodresAoPParo

2 xan

unha xubilación en IndraInae

1 xan

ha agravado problemas que antes no había .Ha pasado de un partido en que las corrientesYo creo que una jubilación en Indra o Inaer no estaría mal. Por lo demás no ha resuelto y si internas ofrecían sus apoyos a no existir más credencial que el suyo propio a todas luces insuficiente. Gestión económica engañosa a corto plazo y a largo plazo desastrosa si no se cambia. Enfrente aún está por decidir...pero suena bien....