As axudas pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica non chegaron á totalidade dos gandeiros por falta de información

O Sindicato Labrego Galego (SLG) reclama que as axudas da Xunta pola enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) cubran o lucro cesante e "a totalidade" dos gastos veterinarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2025 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) reclama que as axudas da Xunta pola enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) cubran o lucro cesante e "a totalidade" dos gastos veterinarios. Nun comunicado, o SLG sinala que a resolución do 30 de decembro de 2024 que regula a concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos por esta enfermidade "confirman as sospeitas con respecto á falta de exhaustividade e limitacións na cobertura". Lamenta que o procedemento "agrava a carga burocrática" das granxas, con atrasos nos pagos e uns requisitos para cobrar os animais que "non se axustan á situación real das granxas".

"O primeiro que hai que destacar é que houbo moitos casos que non se comunicaron porque a xente non sabía como debía actuar ou estaba mal informada. Sobre todo ao principio, en provincias como Ourense había información moi escasa, polo que hai moitos positivos que non foron notificados", explica. "Tamén temos constancia de casos que se comunicaron verbalmente en Extensión Agraria pero non aparecen na listaxe publicada na resolución das axudas", agrega.

Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle
Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Ademais, "son numerosos os erros detectados nesta lista", polo que se elaboraron formularios de alegacións. "Por outra banda, ao ser calculadas as indemnizacións en base ao número de cabezas de gando das granxas nas que os servizos veterinarios oficiais identificaron positivos, aquelas de maior dimensión, aínda que tivesen só un caso, van percibir importes máis altos que as medianas e pequenas que puidesen ter máis vacas afectadas e, por tanto, incorrer máis gastos e lucro cesante", lamenta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta