A CIG avisa á Xunta: "Coidar aos profesionais non é limitar e vixiar baixas laborais, senón actuar sobre as súas causas"

Fíxoo despois de que Sanidade establecese un programa con 10 indicadores para medir a calidade do sistema sanitario e o cumprimento da estratexia galega de saúde 2030.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2025 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A CIG-Saúde trasladou á Consellería de Sanidade que "coidar aos profesionais" non é "limitar e vixiar baixas laborais", senón "actuar sobre as causas que as producen". Nun comunicado, o sindicato explica que Sanidade establece un programa con 10 indicadores para medir a calidade do sistema sanitario e o cumprimento da estratexia galega de saúde 2030. Entre os obxectivos está "velar polo coidado e motivación dos profesionais", apuntando como indicador para medir a mellora da "incapacidade temporal por problemas relacionados coa fatiga física e emocional".

Para a CIG-Saúde, a Consellería volve de novo a anunciar medidas sobre as consecuencias e non sobre a causa, "isto é, limitar as incapacidades temporais e mesmo cuestionalas ante a opinión pública". A organización sindical advirte que con esta concepción do programa, tamén se pon en cuestión o traballo dos facultativos e facultativas de Atención Primaria, xa que a incapacidade temporal "é unha prescrición médica", "non algo que solicita o paciente". "É vergoñento que a Consellería non diga a verdade, que é quen ten os e as profesionais da sanidade pública nunhas condicións laborais pésimas, algo que os leva a enfermar", apunta o secretario nacional da CIG-Saúde, Manuel G. Moreira.

O sindicalista sostivo que os profesionais están a soportar unha carga de traballo altísima nos centros, que nos hospitais os cocientes paciente/profesional están por enriba de calquera recomendación ou estudo e que en atención primaria "son sobradamente coñecidas as axendas interminables que soportan os profesionais". Para reverter esta realidade, a CIG sinalou que leva anos pedindo a negociación dos plans de ordenación de recursos humanos de atención hospitalaria e atención primaria, porque "cuns cadros de persoal axeitados os profesionais estarían noutras condicións laborais e con outra saúde".

Médico atende a outro médico enfermo na consulta
Médico atende a outro médico enfermo na consulta | Fonte: CGCOM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta