Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2025 | Actualizada ás 13:36
O PSdeG presentou medio centenar de emendas parciais á futura lei de intelixencia artificial (IA) que impulsa a Xunta e que entrou no Parlamento galego para a súa tramitación, xa que considera que o texto "ten moitas carencias e algunhas barbaridades". "Unha oportunidade perdida", resume.
En rolda de prensa, os deputados socialistas Lara Méndez e Julio Abalde presentaron estas emendas dun texto que reducen a "propaganda" da Xunta para ser a primeira norma deste tipo en aprobarse nunha rexión europea, polo que lamentan que hai "moita présa e pouco traballo detrás".
Neste sentido, Méndez tachou o texto de "certamente calamitoso". Apunta que tan só fai unha "mención xenérica" á lingua galega e "obvia" os dereitos da propiedade intelectual, polo que quedan "totalmente desprotexidos" os autores que a crean.
Entre outros reproches, Abalde lamenta que a Xunta enviou ao Parlamento unha norma "sen moito rigor" na que "se obvia a potencialidade do Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia)", un organismo que "ten que liderar" o desenvolvemento de IA en contacto con redes europeas.
Tamén censura que non se ten en conta á Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), que "unicamente" se cita "nun parágrafo do preámbulo".
Ademais, o PSdeG afea que non se establezan ferramentas de protección fronte ás 'fake news' (noticias falsas), ciberacoso ou vulneración da intimidade.
E é que Abalde tacha de "lamentable" que a Xunta reduza esta norma a "regular" o "funcionamento e utilización" da IA "na propia administración autonómica", polo que "non é ambiciosa".
Noutra orde de cousas, cuestionada pola prensa por novidades no caso dos edís socialistas de Santiago expulsados, Lara Méndez limitouse a indicar que "non hai máis información".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.