O PP interpelará á ministra de Transición Ecolóxica polo "bloqueo" dos parques eólicos de Alcoa

Os populares lucenses lembraron que no mes de novembro, nunha resposta oficial por escrito a preguntas de Balseiro no Senado, o Goberno central "admitía" que "deu fóra de prazo" a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) de cinco parques eólicos, o que levou a que caducasen os seus permisos de acceso á rede eléctrica.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 09/02/2025 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O senador lucense do PP José Manuel Balseiro interpelará á Ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Aasegen, sobre o "bloqueo administrativo" do parque eólicos de competencia estatal que darían servizo a Alcoa. Segundo informaron os populares nun comunicado, Balseiro formulará unha pregunta á Ministra no pleno do Senado para este martes, día 11.

Desta forma, pediralle que xustifique as razóns desa tardanza que "impide" que os parques eólicos estean operativos acompañando o proceso de progresivo arranque das cubas. Os populares lucenses lembraron que no mes de novembro, nunha resposta oficial por escrito a preguntas de Balseiro no Senado, o Goberno central "admitía" que "deu fóra de prazo" a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) de cinco parques eólicos, o que levou a que caducasen os seus permisos de acceso á rede eléctrica.

Muíños eólicos
Muíños eólicos | Fonte: EDP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta