Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/02/2025 | Actualizada ás 19:31
O PSOE de Laza e Xuntos por Laza-Interior Galego Vivo denunciaron que o alcalde, José Ramón Barreal (PP), ingresou por asistencias a xuntas de goberno, plenos, dietas e quilometraxe 24.000 euros, ademais de percibir unha pensión por incapacidade permanente. Tal e como trasladaron ambas as formacións nunha nota de prensa, esta situación é "insustentable para as arcas municipais" e avanzaron que levarán o caso "ante as autoridades competentes" para que estuden a compatibilidade de ambos os ingresos.
En concreto, explicaron que en 2024 o alcalde convocou 55 xuntas de área", polas que ingresou "uns 1.250 euros de media mensuais". Tamén sinalan que entre plenos, asistencias ao CEIP, a comisións informativas e especiais de contas e xuntas de goberno, o total ascende a "17.750 euros", aos que, segundo apuntan, "hai que sumar a quilometraxe". "Este alto número de xuntas de goberno é unha fórmula para percibir, de maneira encuberta unha retribución regular coa que complementar a pensión por incapacidade permanente que percibe o alcalde por parte do Estado", critican os portavoces de Xuntos por Laza e PSOE, Jorge Lorenzo e Juan Ramón Álvarez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.