Desaloxan varias vivendas tras un incendio nun edificio de Pontevedra

Tamén houbo incendios nunha vivenda en Curtis e nun punto limpo en Negreira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Varias vivendas dun edificio da praza de Valentín García Escudeiro, na cidade de Pontevedra, foron desaloxadas na madrugada deste mércores tras declararse un incendio. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o lume afectou a un edificio de tres plantas que se iniciou ao redor das 03,00 horas no primeiro, onde non se atopaba ninguén.

Pola contra, os residentes no segundo tiveron que ser desaloxados ao estenderse o fume á segunda planta, mentres que os do terceiro deberon agardar nas súas vivendas a que os bombeiros finalizasen o seu traballo. No terceiro atopábase unha persoa que sufriu unha crise de ansiedade e tivo que ser atendida polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 desprazados á praza de Valentín García Escudeiro.

Os bombeiros apuntan a un televisor ou un enchufe dunha vivenda da primeira planta como orixe do lume.

INCENDIO EN CURTIS

Ademais, ás 02,00 horas deste mércores outro incendio declarado nunha vivenda do municipio coruñés de Curtis obrigou aos bombeiros a intervir. Os propios ocupantes do inmoble alertaron aos servizos de emerxencia tras espertarse polo fume. Ata alí mobilizáronse os bombeiros de Betanzos e o GES de Curtis, que sufocaron unhas chamas que calcinaron unha habitación.

PUNTO LIMPO DE NEGREIRA

Por último, os efectivos do parque provincial de bombeiros de Santa Comba  tamén actuaron para sufocar as chamas que queimaron parte das instalacións do punto limpo do polígono insdustrial de Negreira (A Coruña). O lume, que se localizou nun alpendre e non alcanzou a nave principal, quedou totalmente extinguido ás 21,00 horas do mércores.

Intervención dunha ambulancia nun accidente
Intervención dunha ambulancia nun accidente | Fonte: CONSORCIO PROVINCIAL BOMBEIROS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta