Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 13:35
Unha muller resultou ferida de leve consideración nun accidente entre dous coches rexistrado á primeira hora da mañá deste mércores en Sanxenxo e que foi provocado por un condutor que deu positivo na proba de alcoholemia.
O sinisetro produciuse ás 07,20 horas na circunvalación de Sanxenxo á altura da rotonda de Baltar, segundo informou o goberno local. Un dos vehículos incorporouse á estrada desde a rotonda e terminou por invadir o carril contrario, onde impactou contra un turismo.
O coche causante do accidente estaba conducido por un piloto que deu positivo na proba de alcoholemia (0,60 mg/l), polo que a Policía Local formulou unha denuncia penal contra el.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.