Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 13:29
As cidades de Lugo e A Coruña rexistraron nas últimas horas senllos atropelos, segundo informaron a Europa Press desde o 112 e a Policía Local da cidade herculina. Nesta última, ás 06.55 horas produciuse un atropelo a unha muller de 63 anos. Foi fose dun paso de peóns na Rolda de Outeiro con rúa San Luís. A muller resultou ferida grave con fractura nun brazo, sendo trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).
Por outra banda, en Lugo, pouco despois das sete da tarde, produciuse o atropelo dun home na zona de Fonte dos Ranchos. Ao lugar, se traslsadaron Urxencias Sanitarias 061, ademais de ser informados Policía Local e Protección Civil, entre outros efectivos, segundo o 112.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.