Denuncian unha "mutilación" en mapas da Xunta de zonas de protección para "favorecer a Altri"

A Sociedade Galega de Historia Natural di que non aparecen como protexidas zonas da Serra do Careón onde se quere instalar Altri.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denuncia que a Xunta acometeu "unha mutilación moi substancial da zona de amortecimiento ao sueste da Serra do Careón", algo que atribúe á intención de "favorecer a Altri", pola planta que o grupo portugués pretende implantar en Palas de Rei (Lugo).

En concreto, a SGHN lanza esta denuncia unha vez analizado o anexo de mapas da orde pola que se aproba a estratexia galega da infraestrutura verde. Dita orde foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado luns. Segundo avisa, "con respecto á versión sometida a información pública (da que achega unha imaxe), exclúese a zona na que Altri-Greenfiber pretende instalar unha megafactoría de celulosa e fibras téxtiles".

Por este motivo, solicitou á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático copia das alegacións e/ou informes técnicos "que se empregaron para excluír da estratexia a zona de amortecimiento ao sueste da Serra do Careón, no ámbito do proxecto de Altri-Greenfiber".

Mapa da estratexia da infraestrutura verde da Xunta achegado por SGHN que denuncia que se quere favorecer a Altri
Mapa da estratexia da infraestrutura verde da Xunta achegado por SGHN que denuncia que se quere favorecer a Altri | Fonte: SGHN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta