Profesores de sectores singulares de FP piden a equiparación salarial co resto cunha campaña de recollida de firmas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Un grupo de profesores do Corpo de Sectores Singulares de Formación Profesional (PESSFP) iniciará este luns unha recollida de firmas para reclamar á Xunta un complemento duns 150 euros, que lles permitiría equipararse a nivel salarial con outros os outros dous grupos de docentes que tamén dan clase nos ciclos.

Esta desigualdade deriva da extinción do Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional (PTFP) que ordenou a última lei educativa estatal, coñecida como Lomloe, e que fixo que boa parte deles se puidesen integrar no de Profesores de Educación Secundaria (PES). Isto levou que pasasen do subgrupo A2 ao A1 de emprego público, coa súa consecuente mellora de soldo.

Con todo, quedaron outros dous grupos de profesores de FP --o corpo a extinguir de técnicos e o de sectores singulares-- que non puideron pasar ao PES e quedaron no subgrupo A2. Para solucionar esta diferenza, a Consellería de Educación aprobou en 2023 un complemento retributivo de 146 euros que lles permitiu, de facto, cobrar o mesmo que os que si ascendesen ao PES, pero só foi para os técnicos e non para os de sectores singulares.

Así, un grupo de profesores promove esta recollida de firmas acompañada dun texto no que reivindica que todos "son aptos para realizar o mesmo traballo" e que teñen dereito "ao mesmo complemento" que lle foi recoñecido ao corpo a extinguir. Ademais, piden unha entrevista co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para abordar este tema que lles produce unha "indefensión que é inconstitucional". "A igual traballo, igual soldo!".

Arquivo - Profesores de FP de Galicia fórmanse para usar a IA na aprendizaxe de inglés. XUNTA - Arquivo
Arquivo - Profesores de FP de Galicia fórmanse para usar a IA na aprendizaxe de inglés. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta