Rueda advirte que a viabilidade do sector marisqueiro non só depende das axudas públicas

Aposta por analizar as causalidades que afectan á situación do sector.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2025 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recoñeceu este luns que é coñecedor da preocupación do sector marisqueiro galego que denuncia a mala situación na que se atopa, tanto pola pouca produción existente como pola falta de axudas gubernamentais.

Marisqueo. USC - Arquivo
Marisqueo. USC - Arquivo

"É certo que hai preocupación para un sector que moi importante para Galicia", dixo Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta a preguntas do GC. Con todo, sinalou que esta mala situación débese a distintos factores, entre eles, o cambio clmático ou a variación da temperatura das augas das rías. 

"É certo que temos que facer un esforzo importante desde a administración pero non que a viabilidade sexa só grazas a axudas públicas", suliñou. Por iso, fixo un chamamento ao sector para que analicen outras vías porque o seu problema, insistiu "non se soluciona só con axudas públicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta