Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2025 | Actualizada ás 13:27
A Garda Civil despregou na mañá deste martes un amplo dispositivo no centro da cidade de Ourense, no marco dunha operación na que hai catro persoas detidas, e na que se están levando a cabo entradas e rexistros nesta xornada, segundo informaron fontes da Comandancia e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Polo momento, non transcendeu o delito ou delitos que se lles atribúen aos detidos, e o único que se sabe é que a investigación, coordinada por un xulgado de Bande, está baixo segredo de sumario.
Este martes, varios efectivos da Garda Civil participaron nun rexistro nun garaxe na rúa Sáenz Díez, á altura do numero 42, con apoio do Servizo Cinolóxico (equipo canino) e de helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.