O Eixo Atlántico incorpora a Betanzos e Vilalba agrupando así 38 cidades e dúas deputacións

A Asemblea Xeral ratificará, ademais, un orzamento de 5.090.000 euro para o ano en curso, unha cifra que permitirá seguir impulsando os proxectos de desenvolvemento local nas cidades de Galicia e do Norte de Portugal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2025 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico celebrarase o 18 de febreiro en Viana do Castelo, cidade que este ano acolle a Capital da Cultura do Eixo Atlántico. Neste encontro, as entidades membros aprobarán a adhesión de dúas novas localidades: Betanzos e Vilalba, co que forman parte deste organismo un total de 38 cidades e dúas deputacións.

A Asemblea Xeral ratificará, ademais, un orzamento de 5.090.000 euro para o ano en curso, unha cifra que permitirá seguir impulsando os proxectos de desenvolvemento local nas cidades de Galicia e do Norte de Portugal.

Actualmente, o Eixo Atlántico xestiona cinco proxectos europeos de distintas liñas de financiamento, con outro catro en vías de aprobación.

Dentro deste contexto, o Eixo Atlántico debaterá na Asemblea a incorporación de dous novos eixos temáticos ao seu programa. O primeiro deles está relacionado coa Nova Bauhaus Europea e, o segundo, co cambio de hábitos e desenvolvemento social, impulsado pola Comisión Europea.

A cerimonia de apertura de Viana do Castelo como Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2025 celebrarase o 17 de febreiro ás 20,30 horas, hora portuguesa, no Centro Cultural de Viana do Castelo. A inauguración ofrecerá un espectáculo multidisciplinar creado e dirixido polo artista portugués Daniel Pereira Cristo.

Concello de Betanzos
Concello de Betanzos | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta