A perda da mercadoría de auga dun camión corta durante unha hora a A-52 en San Cibrao das Viñas

O incidente produciuse ás 17,30 horas debido a que a carga do camión non estaba correctamente almacenada, segundo a información trasladada pola Garda Civil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2025 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A perda da mercadoría dun camión que transportaba caixas con botellas de auga provocou durante a tarde deste martes un corte de circulación na autovía A-52 ao seu paso por San Cibrao das Viñas.

O incidente produciuse ás 17,30 horas debido a que a carga do camión non estaba correctamente almacenada, segundo a información trasladada pola Garda Civil.

Ata a zona mobilizáronse tres patrullas da Garda Civil de Tráfico e persoal do servizo de conservación da estrada, que lograron limpar a vía para que o tráfico queda restablecido ás 18,30 horas.

A perda da mercadoría dun camión que transportaba auga curta durante unha hora a A-52 en San Cibrao das Viñas. GARDA CIVIL
A perda da mercadoría dun camión que transportaba auga curta durante unha hora a A-52 en San Cibrao das Viñas. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta