Os Bombeiros de Vilalba acudiron ao rescate e tiveron que utilizar material de excarceración para liberar ao condutor, que xa falecera.
O home supostamente usurpaba vivendas deshabitadas para aloxarse tras acceder a elas a través do método "bumping" e abrir as fechaduras sen chave.
Os feitos ocorreron sobre as 7.00 horas deste mércores na LUP- 3406, ao seu paso por Muras, onde o condutor perdeu o control do vehículo e este quedou envorcado fóra da estrada.
Xa rematada a recollida, realizada entre a primeira e a última semana de agosto, lamenta que "tivemos un inverno moi chuvioso e con moitísima humidade, o que provocou que en moitas zonas de Galicia non se puidese sequera entrar a cultivar as leiras", convertidas en auténticas lameiras polas incesantes choivas.
  comenta   0
O accidente tivo lugar ás 17:15 horas e mobilizou aos servizos de urxencia, incluíndo o 061 e os bombeiros do Morrazo e Pontevedra.
  comenta   0
Unha vez no punto, a Policía Local confirmou que ambos os condutores non podía saír dos vehículos, porque tiñan as portas bloqueadas.
Pedro Blanco anuncia a adxudicación de obras por valor de 17,6 millóns para os Paradores de Baiona e Hostal dos Reis Católicos e a apertura de novas contratacións.
'Tesouro' está situado nas Pontes e conta cunha potencia de 50,4 megawatts, con sete aeroxeradores. 'Santuario' enmárcase en Xermade, Vilalba, Guitiriz e tamén nas Pontes. Trátase dunha instalación con 161 megawatts, composta por 23 aeroxeradores.
  comenta   0
Segundo informou o 112 Galicia, foi o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, sobre as 12.45 horas, contactaba coa central de emerxencias para comunicar a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar a un home que sufrira un accidente de tractor nunha leira de Sinde.
Exercerán a súa función nos xulgados de Betanzos, Cambados, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Redondela e Vilalba.
  comenta   0
Hai unha familia afectada con 10 membros, ademais doutra vivenda cun só inquilino.
  comenta   0
Alumnos de 3º da ESO do IES Marcos de Camballón saíron na procura deste animal durante unha xuntanza de regueifa que organizaron cos institutos de Vilalba, Monforte, Vila de Cruces, O Courel e Caldas de Reis.
  comenta   0
Engade un novo escenario e actividades gratuítas á súa programación de 2024
Puido sentirse na área de Betote de Arriba, Sarria e Samos; e foi de menor intensidade que o que se deixou sentir o pasado venres na zona.
Máis de 10.500 agricultores e gandeiros de zonas de montaña e con limitacións naturais benefícianse de 18 millóns de axudas da PAC.
  comenta   0
Tamén cambiar a denominación da cidade cultural que leva nome do que foi ministro franquista e logo presidente da Xunta durante 16 anos.
Despois da exitosa estrea en Galicia de IRIBARNE, o novo espectáculo de ButacaZero encara unha xira que terá o vindeiro 20 a súa primeira parada en Santiago de Compostela, concretamente no Auditorio de Galicia.
  comenta   0
Achégase o día marcado no calendario da capital da Terra Chá coa súa tradicional feira con este producto estrela e falamos con dous criadores para coñecer como se presenta.
  comenta   0
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado este mércores debido á ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos. Volverá prestar servizo o xoves ás 9.00 horas.
A Deputación de Lugo volveu a acusar os bombeiros do Consorcio Provincial de non cubrir os servizos mínimos e de "antepor os seus intereses aos da cidadanía", mentres defende a xestión da institución provincial durante os últimos 12 anos.
O parque de Vilalba conta cun persoal de 20 efectivos dos cales a metade colleron a baixa e outros catro da bolsa de suplentes xa renunciaron. Esta "grave situación", denuncia a Deputación de Lugo, demostra que hai unha "estratexia orquestrada" por parte dos bombeiros "para non cumprir coas súas obrigacións".
O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais acusa o Consorcio de Bombeiros de Lugo de pór en risco a seguridade da cidadanía de Vilalba e contorna ao decidir pechar o parque comarcal desta localidade e recolocar aos seus efectivos no Parque de Barreiros.