Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/09/2024 | Actualizada ás 20:48
Un total de catro persoas resultaron feridas tras unha colisión entre tres vehículos no municipio pontevedrés de Marín. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 17:15 horas deste sábado mediante o sistema de alerta dun dos vehículos implicados.
A central de emerxencias alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra, á Garda Civil , á Policía Local e ao persoal de mantemento da vía. Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que catro persoas resultaron feridas.
CHOQUE FRONTAL EN BEGONTE
Por outra banda, sobre as 14:30 horas a central de emerxencias tivo constancia dun choque frontal entre dous turismos na LUP-1611, quilómetro 74.9, en Felmil, en Begonte.
Ata o punto desprazáronse os membros do GES de Friol-Pas que indicaron que non foi necesario o uso de material de excarceración, pero tiveron que sacar á muller ferida nunha padiola polo maleteiro do vehículo. No operativo tamén participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que evacuaron á muller, os Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.