Por Europa Press / Redacción | LUGO | 02/05/2024 | Actualizada ás 14:42
Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade na mañá deste xoves, aínda que non se rexistraron feridos. Segundo informa o 112 Galicia, o 061 deu aviso pouco antes das 11.30 horas, despois de que un veciño alertase a urxencias sanitarias de que saía fume do ático dun edificio de dous pisos na rúa Gabriela Nieto Chan. O lume propagouse ao edificio contiguo e os veciños puideron saír ao exterior polos seus propios medios. O fume estendeuse por toda a rúa.
En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Rábade, Remedios González, explica, pasadas as 14.00 horas, que o incendio xa foi "controlado" e evoluciona ben. "Estamos a traballar para reacoller ás familias", indica. Por unha banda, hai unha familia afectada con 10 membros, ademais doutra vivenda cun só inquilino. Neste operativo participan os Bombeiros de Vilalba e de Sarria, o GES de Friol-Pas e os axentes da Garda Civil. Tamén colabora con medios o distrito forestal da zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.