Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2024 | Actualizada ás 14:32
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, desexou aos galegos e galegas un feliz 2025 facendo a receita dun capón de Vilalba e rodeado, entre outros, de xente nova para expor "os problemas da Galicia real". Tamén para expresar as esperanzas dun 2025 "mellor" e co compromiso do dirixente socialista de "facer o posible para que así sexa".
O vídeo, que pode verse a través de redes sociais, ofrece unha imaxe cordial de Besteiro saudando na rúa e compartindo impresións sobre cuestións como a lotaría de Reis coa alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco. Así mesmo, da esperanza de que se lle conceda ao municipio a declaración de Festa de Interese Turístico, que non lle deron nesta ocasión, para logo desprazarse a facer a receita do capón, acompañado, entre outras persoas, da rexedora e de mozas.
Con eles, fala da falta de pisos e dos prezos elevados que lles impiden, expón unha delas, acceder unha vivenda, ou dos problemas dos que queren volver a Galicia. "Quero volver, cun pouco de sorte en 2025", sinala outra. Isto con mensaxe de Besteiro incidindo na "Galicia real, a de todos os días", pero coa confianza de que 2025 sexa "mellor" e que se cumpran os desexos dos galegos e galegas. "Vou facer o posible para que así sexa, Feliz Ano", termina o vídeo.
Arredor dunha mesa e facendo con agarimo un capón de Vilalba compartimos conversas sobre o que realmente importa: os problemas da #Galicia real e as esperanzas dun 2025 mellor.
— Gómez Besteiro (@jrgomezbesteiro) December 31, 2024
Desde a cociña ata o corazón de Galicia, traballamos en equipo para conseguilo.
Feliz Fin de Ano e Bo… pic.twitter.com/fXPZrLUF7L
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.