Imputado un home de 93 anos por conducir 30km en sentido contrario e acabar chocando contra un camión

O home fixo caso omiso a todas as advertencias que recibía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2025 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

Un veciño de Melide de 93 anos de idade foi investigado pola Garda Civil como presunto autor dun delito de condución temeraria e lesións por imprudencia por circular 30 quilómetros en sentido contrario pola A-8, onde chocou frontalmente contra outro vehículo.

Segundo informou a Garda Civil, os feitos ocorreron o 5 de febreiro, sobre as 20,00 horas, cando varios condutores comunicaron a existencia dun turismo que circulaba en sentido contrario á altura do quilómetro 564 da autovía A-8.

Tras ter coñecemento da incidencia, varias patrullas acudiron á zona onde conseguiron que reducise a velocidade, aínda que fixo caso omiso aos sinais de detención e continuou a marcha. O home acabou chocando metros despois cun vehículo articulado. A persoa investigada e as dilixencias policiais foron postas a disposición do xogado de Vilalba (Lugo).

Accidente múltiple causado por un condutor que circulaba en sentido contrario
Accidente múltiple causado por un condutor que circulaba en sentido contrario | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta