A XVI Feira de Artesanía do Ferro será o vindeiro 20 de abril

O evento contribúe a divulgar o oficio tradicional do ferro, a poñer en valor o labor dos ferreiros e a fomentar a remuda xeracional.

Por Galicia Confidencial | Riotorto | 22/02/2025 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Xunta de Galicia apoiará a XVI Feira de Artesanía do Ferro, evento que terá lugar o vindeiro 20 de abril e que organizan o Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto co apoio do Goberno galego.

Ferreiros de Riotorto (2016). Foto: Asoc. F. R.
Ferreiros de Riotorto (2016). Foto: Asoc. F. R.

Semanas atrás o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro reuníanse co alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, para abordar distintos aspectos relacionados coa celebración da feira.

Este evento contribúe a divulgar o oficio tradicional do ferro, estreitamente vinculado á zona oriental da provincia de Lugo, e a poñer en valor o labor dos ferreiros fomentando a remuda xeracional. Con ese fin, contará cun amplo programa de actividades que se están a perfilar e entre as que se inclúen as demostracións ao vivo e obradoiros relacionados con este oficio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta