Un incendio obriga a desaloxar tres edificios en Ourense

O lume, iniciado de madrugada, afectou a unha terceira planta na avenida de Santiago

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 22/02/2025 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Un incendio rexistrado nesta madrugada obrigou a desaloxar tres edificios na avenida de Santiago de Ourense. O lume iniciouse arredor das 05:00 horas na terceira planta dun inmoble, segundo informou o 112..

Bombeiros
Bombeiros

Tras recibir a alerta ás 05:10 horas, movilizáronse bombeiros de Ourense, Policía Nacional, Policíaa Local e efectivos do 061. Os servizos de extinción seguiron traballando no lugar durante a mañá para sufocar completamente as chamas.

O lume destruiu por completo a terceira planta do edificio, pero non se rexistraron ví­timas, segundo informaron as autoridades. Pola súa parte, os veciños desaloxados tiveron que abandonar os seus fogares por precaución mentres os equipos de seguridade avaliaban a situación.

TAREFAS DE CONTROL E AVALIACIÓN DE DAÑOS

Pasadas as 10:00 horas, os bombeiros continuaban traballando na zona para garantir a completa extinción do incendio e avaliar os danos estruturais do inmoble afectado.

As autoridades manteñem a zona baixo vixilancia e, ata o momento, non se informou sobre as posibles causas do lume.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta