O complemento extraordinario ás pensións non contributivas será ingresado aos beneficiarios o próximo mes

Ingresarase de maneira automática nas contas bancarias dos beneficiarios sen necesidade de que fagan ningún trámite.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2025 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A Xunta ingresará durante o próximo mes o complemento extraordinario de 218 euros a unhas 36.500 persoas con pensións non contributivas. O Consello da Xunta aprobou este luns o pago desta axuda, que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días. O abono farase neste primeiro trimestre do ano.

O Goberno galego destina 8 millóns de euros ao abono deste complemento autonómico que se ingresará de maneira automática nas contas bancarias dos beneficiarios sen necesidade de que fagan ningún trámite. Os pensionistas deberán cumprir dous requisitos: ter residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina na data de 1 de xaneiro de 2025. A Xunta concede esta axuda extraordinaria desde 2008. Desde o ano 2023 adianta o abono deste apoio, xa que antes ingresábase a finais de ano.

AXUDAS DIÁLOGO SOCIAL

Noutra orde de cousas, a Xunta autorizou a convocatoria de axudas de 2025 para plans de formación no ámbito do diálogo social, cunha achega de preto de 600.000 euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará proximamente esta convocatoria. Haberá anticipos do 100 % destas axudas para facilitar a súa actividade.

Con estas achegas apóiase a entidades sindicais e empresariais na realización de accións formativas sobre plans de igualdade, fenda salarial, conciliación, prevención do acoso, protección de datos ou responsabilidade social empresarial, entre outras materias. Tamén son obxecto de financiamento encontros internacionais que conten con expertos doutras nacionalidades para ter un intercambio de información sobre o diálogo social e a negociación colectiva en distintos países.

Dúas persoas maiores e pensionistas nun parque
Dúas persoas maiores e pensionistas nun parque | Fonte: Ricardo Rubio - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta