Fran Caamaño: "O PSdeG debería chegar a un acordo coas Mareas polo ben dos cidadáns"

O ex ministro de Xustiza con Zapatero aborda nesta entrevista a actual situación política de Galicia e de España e tamén históricas reclamacións socialistas, como a da memoria histórica. Aposta por un pacto con xente que teña "conciencia republicana para axudarnos uns a outros" e non descarta un referendum de independencia sempre que se cambie a Constitución e haxa un acordo entre territorios.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/04/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Fran Caaamaño foi ministro de Xustiza, presidente provincial do PSOE na Coruña, deputado galego e un dos abandeirados da defensa da lingua e do galeguismo dentro do PSdeG. Agora hai alcaldes e dirixentes que pensan que podería ser un gran candidato para a Xunta de Galicia. Unha opción que el desbota. "Pero agora estou noutro lugar e penso que é bo que haxa nova xente e hai que dicilo", suliña.

Caamaño atendendo as explicacións de Méndez Romeu
Caamaño atendendo as explicacións de Méndez Romeu

En todo caso, amosase favorable a un pacto con Podemos en España e coas mareas en Galicia e ten claro que o PSdeG, quede por diante ou por detrás, ten que chegar a un acordo porque o importante, insiste, "é a defensa dos dereitos dos cidadáns".

Estiviches en Santiago falando de memoria histórica. Esta foi unha loita histórica do PSOE pero semella que agora caíu máis do lado das mareas ou de Podemos, non cres?

Pois, efectivamente, a Lei de Memoria o que pretendía era abrir unha serie de políticas públicas que foran desenvoltas polo Estado, as comunidades e os concellos. Unha vez aprobada puxéronse en marcha protocolos como apertura de fosas, mapa de fosas de toda España con xente que está identificada ou medidas de acceso a rexistros civís para que as familias coñeceran a identidade dos nenos roubados. Todo isto foise facendo coa lei, tanto desde o Estado como desde concellos e autonomías.

Rubalcaba con Pachi Vázquez e Francisco Caamaño
Rubalcaba con Pachi Vázquez e Francisco Caamaño | Fonte: PSOE

Pero a chegada do PP, a concellos, autonomías e goberno de España fixo que esas políticas públicas pois se silenciaran e se sacaran da axenda pública para paralizala na práctica e iso é o que fai que as forzas de esquerda de distintos signos, en Galicia, sobre todo, as mareas, pero tamén o PSOE en Lugo, pois tenten que se cumpla unha lei que pretende que a democracia non esquezas os horrores daquel tempo.

Con todo hai voces no PP --A propia Esperanza Aguirre hai uns días--, que criticou a Rajoy por non derogala...
E esta petición é moi sorprendente porque a lei, cando se aprobou, contou cun apoio maioritario. Só nalgúns puntos se abstivo ERC e foi con amplo consenso, agás o PP. E agora hai non PP quen quere derogala sen explicar os motivos. Trátase dunha lei de reconciliación e que outorga recoñecemento aos mortos. E se quere rematar con esta lei ten que explicalo.

Tamén hai quen di que custa moitos cartos andar removendo na historia..,
Non se remove a historia senón que se proxectaa unha mirada limpa e que a reconciliación das persoas é o mellor xeito de construir un futuro e acabar coas dúas Españas. Trátase de que os historiadores vaian descubrindo a verdade do pasado. Quen considera que iso é un despilfarro pois esquece que iso fechou feridas en Alemaña ou Italia logo do nacismo e fascismo, ao rexeitar claramente a violencia. Ese coñecemento claro supón unha reafirmación clara do nosos dereitos humanos.

Argumentos semellantes utilízanse cando se defende o galeguismo, ou a nosa cultura e lingua. Ti que sempre defendeches o idioma galego, que opinas disto?
ESpaña ten o gran valor da pluralidade e de diversas comunidades identitarias e niso non é distinto de Canadá, Reino Unido ou Bélxica. España é unha democracia que se parece a eses países proque ten autonomías con sentimenteos identitarios diversos. Pero iso non debe levarnos á exclusión duns contra outros ou de crear bandos entre amigos ou inimigos. Tampouco un debía estar obrigado a coller un ou outro sitio. Polo tanto, un pode sentirse galego, español e europeo sen ter que partillar cada unha delas porque forman parte do ser. Iso aínda non o temos conseguido porque en España teñen moita forza persuasiva certas palaras como soberanía ou nación. E no debate político pois se utiliza moito isto; tanto os nacionalistas como o centralismo do estado. A única solución xurídica para xestionar isto chámase federalismo e por iso é moi importante que, cando se fala de reforma da Constitución, pois falemos de federalismo, pero non da uniformidade, senón de acomodar a diversidade. Saber xestionar ben e tratar de forma distinta o que é distinto é a mellor forma de facer política de recoñecemento e de igualdade.

E ten Fran Caamaño medo aos referendos identitarios ou de independencia?
Pois hai que tratalo con naturalidade. Dereito a decidir non ten lóxica na lóxica do dereito. Só se pode decidir se a democracia ten o dereito a decidir. En Quebec e Escocia houbo referendums sobre o acomodo nos seus estados. Se se levaron a cabo foi porque os estados respectivos e eses territorios acordaron, antes, unha negociación bilateral de que aqueles territorios podían decidir. Como ben di a sentenza do Tribunal supremo de Canadá non se dá o dereito a sucesión, outra cousa é que despois que se se fale entre estados e territorios pois se convoque unha consulta vinculante. Pero en España parece que hai dereito de autodeterminación que non está acordado en ningún sitio. E os que non cremos no dereito natural pois entendemos que sexa mellor o dereito posto polos homes. E o democrático sería que se decida o dereito o decidir.

Pero ti estás dacordo?
Eu son dos que penso que, en vez de dereito a decidir, hai que ter dereito a compartir. E por iso aposto por reformar a Constitución e poñer un federalismo plural e que todos compartamos uns con outros esa decisión. E iso non é ir a un referendum unilateral. Non sería posible sen reformar a Constitución Española. O que si é posible é reformar a constitución e unha reforma de todos os cidadçáns e buscando eses acomodos que dera esa posibilidade e que todos os cidadáns puideran decidir. Ese proceso tería que ser aprobado polos parlamentos autonómicos e logo tamén cos cidadáns.

E isto só é posible cando vaiamos a unha España federal?
Deberiamos facelo cando reformemos a Constitucion e incorparlo a Constitución nova. Non sería posible un referendum unilatiral sen antes cambiala.

Foches ministro, líder do PSOE na Coruña e soaches como candidato para liderar o PSdeG. Como ves a situación actual do PSOE galego logo da dimisión de Besteiro?
A situación do PSdeG non é comoda, nin doada. Mentres do PPdeG xa ten líder claro e un candidato coñecido, o PSdeG non ten un candidato co risco de que se poidan adiantar as eleccións e vive situación de impás a nivel de España. Hai tensións de negociacións e unha debilidade no número de escanos. Estamos no límte da confianza da cidaníua e isto fai que sexa unha difícil situación.

Pero semella un partido descabezado?
Non, porque os partidos políticos, e especialmente o PSOE, teñen capacidade de autocomposición e saberá reorganizarse realizando as primarias. Teñen persoas entre as que elixir para a Xunta como tamén teñen nas mareas e temos que supoñer que todos estarán á altura de presidir a Xunta. Non teño dúbidas de o PSdeG terá un excelente candidato.

E ese excelente candidato non será Fran Caamaño?
Eu estou na miña vida profesional, na cátedra de Valencia, facendo viaxes ao esterior e escribindo e colaborando no ámbito xurídico. Pero o máis importante é que podo estar coa miña familia. Podo axudar ao PSdeG en todo o que me necesite, pero para iso non fai falla estar na política activa. Pero penso que se pode facer un servizo a Galicia desde o lugar onde un se atopa; escribindo desde un xornal ou nunha universidade. O importante nestes casos é sentir que a política é un exercicio de responsabilidade diaria. Hai moita xente que non chega a fin de mes e temos que ser consciente deste problema e telo en conta e defender o público e o plural. Por iso precisamos moita desa xente con esa conciencia republicana para axudarnos uns a outros a ese republicanismo que afianza os valores en España e Galicia que é o que eu quero facer desde a miña posición de cidadán de a pe.

Ti tamén te descartas. Van ter razón os do PP que hai un virus de descartes no PSdeG...
E que cando deixei o Parlamento xa o fixen a conciencia. Eu tomei unha decisión e desde aquel momento sempre colaborei co meu partido. Pero agora estou noutro lugar e penso que é bo que haxa nova xente e hai que dicilo. Que me descarto de algo sería facer un feo. Non me descarto de nada. Son o Fran Caamaño de sempre pero traballando desde outro lugar.

Entón a quen ves?
Eu dos demais non sei.

E se trasladamos isto a situación do Estado, as cousas non están mellor. Con quen quedas; con Podemos ou con Ciudadanos?
Persoalmente gústanme os puntos de equilibrio e, por iso, prefiro buscar aspectos con Podemos porque a política española necesita unha renovación e con Podemos temos máis puntos en común. A negociación a tres é moi difícil pero xa non me preocupa tanto ter un goberno agora senón un goberno estable. Xa é difícil gobernar dous, imaxínate gobernar con tres. E a opinión pública incide nos problemas internos de quen goberna. Non hai cultura do pacto, da convivencia. E logo, cando se fala da gran coalición, a min arrepíame un pouco e, para sustentala, poñen o exemplo aleman. E alí pasa o mesmo. Se alguén quere discrepar, a quen vota?, se seguen gobernando entre eles e iso xenera problemas da calidade da política do país.

E non cres que un entendemento con Podemos, axudaría tamén a un entendemento en Galicia coas Mareas?
Non o sei pero ese é un escenario inevitable. Pero non é facer pactos de salón. É difícil que un relixioso e un que non o é pois fagan unha lei relixiosa. Polo tanto, os cidadáns teñen que saber que defende cada quen.

E sería posible un goberno PSOE-Mareas na Xunta e tendo eles a presidencia?
Eu creo que hai que ter a humildade cívica, primeiro, e a capacidade de que uns queiran que pacten con el, despois. Pois a obriga do PSoE sería tentar facer solucións para o país distintas do PP. O outro día estiven nun centro médico da Coruña e os aspecto das dependencias eran lamentables. E mentres isto era así Feijóo dicía que non pasara os límites do gasto. E, a costa de quen?. A costa dos dependentes, dos recortes en sanidade e en educación, a costa da lingua. Por iso hai que demostrar que outra forma de gobernar é posible. Por iso, o PSOE debería chegar a un acordo se é primeiro ou segundo porque o máis importante é a defensa dos dereitos dos cidadáns.

Francisco Caamaño, ex ministro de Justicia con Zapatero
Francisco Caamaño, ex ministro de Justicia con Zapatero | Fonte: PSdeG-PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sesese

O psg , diluese

1 Gargamel

Ben falado, toda a esquerda da nosa terra xunta pra derrotar á dereita e transformar Galicia ... agás os de sempre claro, os pitufos gruñóns das UPG.