Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2025 | Actualizada ás 20:35
O impacto dos aranceis que EE.UU. quere impoñer a determinados bens europeos -- nun comezo un 25% do sector do aceiro e do automóbil--, tamén terían as súas consecuencias para a industria galega. Os efectos serían dun sobrecuste de 200 millóns de euros.
Así o afirmou este luns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que deu conta, tras o Consello da Xunta, dun informe sobre o impacto económico que as medidas da Administración Trump terían en Galicia. Actualmente, hai un millar de empresas galegas que exportan a EE.UU, delas, máis de 250 exportan regularmente. O sector máis reprensentivo é o do viño, aceiro e automoción.
As vendas a EE.UU representan 800 millóns anuais, un 2,6% do total das exportacións directas de Galicia. Se se implantan aranceis dun 25%, o impacto sería de 200 millóns, segundo suliñou Rueda. "Agardemos que o efecto sexa o máis límitado posible e que Europa sexa forte e firme", dixo. Con todo, tamén recoñeceu que as guerras económicas "non beneficiarían a ninguén".
Actualmente, Galicia conta, a través do Igape, cunha oficina de asesoramento a empresas galegas ou estadonidenses en Miami. Esta antena comercial, dixo Rueda, xa está "preparada" para asesorar ás empresas que poidan resultar afectadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.