Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2025 | Actualizada ás 13:13
O dato de decembro do Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia reflicte un incremento interanual do 3,4%, o que ratifica que a actividade económica galega mantén o crecemento que experimentou durante o ano.
Segundo informa nun comunicado, este valor de crecemento supón apenas unha décima menos ao alcanzado no mes de novembro. A evolución ao longo do ano 2024 foi de menos a máis: empezou en xaneiro cun 2,9% e acabou cinco décimas por encima.
A media do crecemento nos 12 meses foi dun 3,2%, mentres que o do último trimestre ascende a un 3,4%.Dentro do bo comportamento da economía galega, o Foro Económico destaca o comportamento do sector da automoción xunto coa "boa marcha" da cifra de negocios na industria.
AUMENTO DO TURISMO
Este indicador tamén mide outras variables, como o turismo, cuxo comportamento destacou no mes de decembro. O transporte de viaxeiros e os viaxeiros en hoteis aumentaron un 5% con respecto ao último mes de 2023.
Por outra banda, o comercio internacional (especialmente as importacións) continúa coa evolución negativa que mostrou durante os últimos 12 meses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.