Consulta aquí todos os integrantes da nova Executiva do PSdeG, aprobada co 93 % dos votos

Lara Méndez farase cargo dunha área crave nunha executiva da que sae Leiceaga e na que Carmela Silva continúa como presidenta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2025 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A executiva que acompañará a José Ramón Gómez Besteiro á fronte do PSdeG recibiu este domingo un 93 % dos votos emitidos polos delegados do XV Congreso do PSdeG, o que supón dez puntos máis respecto ao apoio recibido hai un ano pola proposta do reelixido Besteiro no congreso extraordinarioNon entanto, a participación dos ao redor de medio milleiro de delegados na votación do principal órgano de dirección do partido baixou significativamente, ao pasar de 450 votos emitidos no conclave extraordinario do ano pasado a 319 na cita desta fin de semana en Santiago de Compostela.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, intervén durante a clausura do 15 Congreso Rexional do PSdeG, na Cidade da Cultura, a 9 de marzo de 2025, en Santiago de Compostela
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, intervén durante a clausura do 15 Congreso Rexional do PSdeG, na Cidade da Cultura, a 9 de marzo de 2025, en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros

Entre as principais novidades do novo equipo de Besteiro está a elección de Lara Méndez, persoa da máis absoluta confianza do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, como nova secretaria de Organización na nova Executiva, que é paritaria, con 21 homes e 21 mulleres. A que fora alcaldesa de Lugo e colaboradora próxima a Besteiro desde hai décadas farase cargo dunha área crave para a paz interna do partido tras unha etapa na que os socialistas fixeron fronte a crises en agrupacións como as de Narón, O Carballiño e Santiago de Compostela.

Ela será a máxima responsable de Organización, un cargo que ocuparon nas pasado persoas como José Manuel Lage Tuñas. Farao nun novo equipo que fai desaparecer a secretaría de Organización Adxunta que ocupaba agora a edil das Pontes Ana Pena, quen acompañaba ao ata agora encargado desta área, Luís Lago Lage. Ademais do recambio de Luís Lago Lage que deixa a Secretaría de Organización para facerse cargo da de Administración Acción Electoral e Réxime Interior, prodúcense en total 14 cambios, como a saída de Xoaquín Fernández Leiceaga e a entrada de tres representantes de Xuventudes Socialistas, como a alcaldesa máis nova de Galicia, Uxía Oviedo, rexedora de Maceda.

Incorpóranse novas secretarías como as de Innovación, IA e Transformación Dixital, Rexeneración Democrática e Transparencia e Memoria Histórica e Laicidade. Son membros natos os secretarios provinciais, o secretario de Xuventudes socialistas, o delegado do Goberno, o presidente da Fegamp, os presidentes das dúas deputacións gobernadas polo PSdeG e o portavoz parlamentario. Deste xeito, cos cambios introducidos, o novo equipo que acompañará a Besteiro aos mandos do PSdeG aumenta lixeiramente o número dos seus compoñentes e mantén as súas catro secretarías executivas. Ademais, a viguesa Carmela Silva continúa como presidenta do PSdeG.

OFICIALIZA A FIGURA DO PORTAVOZ

Entre as principais novidades, está o feito de que se oficialice a figura do portavoz da executiva, un cargo que mantén Xullo Torrado, quen se volve facer cargo da área de Sanidade, que agora desempeñaba o exministro José Miñones --quen sae do equipo--. Besteiro reforza ao secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, quen entra como responsable de Acción Territorial e Formación nunha executiva na que a vicesecretaria dos socialistas composteláns, Marta Álvarez-Santullano continuará como responsable de Relacións Institucionais.

Un dos cambios máis destacados prodúcense na área económica, onde os principais asuntos serán capitaneados polo vigués Abel Losada, que se fará cargo da área de Economía e Facenda, tras a saída do economista que fora portavoz parlamentario do PSdeG en varias etapas, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen na última executiva encargábase dos asuntos relacionados coa Facenda Pública e o Autogoberno. O recambio prodúcese nun momento no debate sobre o financiamento autonómico, que cobrou forza tras os acordos en materia de financiamento alcanzados polo Partido Socialista e ERC. A área de Educación que ata agora desempeñaba o lucense Luís Álvarez, pasará agora a ser capitaneada polo profesor e edil en Camariñas Fabián Canosa, quen se ocupará dunha secretaría que tamén se fará cargo dos asuntos relacionados coa Formación Profesional. Ademais, entre outros, a nova executiva incorpora á secretaria local do PSOE ourensán, Natalia González Beneitez, quen se encargará da secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia.

OUTROS ÓRGANOS ELIXIDOS

Ademais, foi elixida a nova Comisión Nacional de Ética, presidida polo exportavoz parlamentario Luís Álvarez cun 95 % de apoio. Así, recibiu un total de 316 votos, dos cales 16 foron en branco e 303. Este órgano complétano Margarita Igrexas, Paula Mouzo, Santos Héctor Rodríguez e Tarama Iglesias Figueiras. Ademais, a delegación do PSdeG ao Comité Federal saíu adiante co 91 % tendo en conta que dos 319 votantes, 28 fixérono en branco e 291 a favor. Integran este órgano Lara Méndez, Bernardo Fernández, Carmen Rodríguez Dacosta, David Regades, José Manuel Lage, Paloma Castro e Luís Ángel Lago Lage.

Ademais, no Comité Federal hai outros galegos que xa foran elixidos o Congreso que o PSOE nacional celebrou en Sevilla, como os presidentes das deputacións da Coruña e Lugo, Valentín González Formoso e José Tomé, respectivamente. Pola súa banda, a lista do comité nacional galego, que cos cambios introducidos no regulamento aumenta ata 150 o número de integrantes que son elixidos o Congreso Nacional, foi aprobada co 95 % dos 320 votos emitidos, tendo en conta que 17 foron papeletas en branco e 313 favor.

Nela aparecen destacados socialistas como o exministro José Miñones; a veceportavoz parlamentaria Elena Espinosa, o exrector Senén Barro; a exalcaldesa de Viveiro María Loureiro; o novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández; o concelleiro socialista de Santiago de Compostela, Guimersindo Guinarte; o exportavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga. Ademais, figuran nomes como o alcalde de Ames, Blas García, que nos últimos días mostrouse crítico coa expulsión de catro concelleiros en Santiago de Compostela, así como a exalcaldesa de Muros Caridade González Cerviño, o exaldalde de Muxía Iago Toba.

NOVA EXECUTIVA

Estes son, ao completo, os integrantes da dirección do PSdeG:

  • Presidencia: Carmela Silva Rego
  • Secretaría Xeral: José Ramón Gómez Besteiro
  • Secretaría de Organización: Lara Méndez López
  • Secretaría de Relacións Institucionais: Marta Álvarez-Santullano Secretaría de Igualdade: Silvia Fraga Santos
  • Secretaría de Política Municipal: Juan Manuel Rodríguez García
  • Secretaría de Administración, Acción Electoral e Réxime Interior: Luís Ángel Lago Lage
  • Secretaría de Economía e Facenda: Abel F. Losada Álvarez
  • Secretaría de Ordenación Territorio e Rexeneración Urbana: Noemí Díaz Vázquez
  • Secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia: Natalia González Beneitez
  • Secretaría de Educación e Formación Profesional: Fabián Canosa
  • Secretaría de Acción Territorial e Formación: Aitor Bouza Manso
  • Secretaría de Promoción Económica e Emprego: Nereida María Canosa
  • Secretaría de Medio Ambiente e Emerxencia Climática: Rubén Prol
  • Secretaría de Sanidade e Voceiro: Xullo Torrado
  • Secretaría de Transportes e Mobilidade Sustentable: Patricia Otero
  • Secretaría de Universidades e Ciencia: Xullo Abalde Alonso
  • Secretaría de Movementos Sociais: Uxía Oviedo De Dios
  • Secretaría de Agricultura, Gandaría e Desenvolvemento Rural: Roberto Fernández Rico
  • Secretaría de Memoria Democrática e Laicidade: Iván Puentes
  • Secretaría de Cultura e Lingua: Silvia Longueira Castro
  • Secretaría de Estudos e Programas: Ángel Rivas González
  • Secretaría de Deportes e Políticas Saudables: Jorge Bustos Atanasio
  • Secretaría Políticas Forestais e Montes: Teresa Fernández Pérez
  • Secretaría de Rexeneración Democrática e Transparencia: Lorena Tenreiro Blanco
  • Secretaría Transición Enerxética e Planificación Industrial: Ángel Mato Gradua
  • Secretaría LGTBI: Aitor Rodríguez Casanova
  • Secretaría do Mar e Recursos Mariños: José Ramón Romeu García
  • Secretaría Innovación, IA e Transformación Dixital: Francisco Cardama Santiago
  • Secretaría de Dereito a Vivenda: Iria Sobrino Fagilde
  • Secretaría de Análise e Prospectiva: Bárbara Domínguez González
  • Secretaría de Política Europea: Nicolás González Casares
  • Secretaría de Políticas de Seguridade e Emerxencias: Digna Rivas
  • Secretaría de Turismo: J. Ignacio Gómez Pérez
  • Secretaría de Emprendemento: Patricia Domínguez Barja
  • Secretaría de Función Pública e Xustiza: María Fernández Ojea
  • Secretaría de Despoboamento e Reto Demográfico: Ramón Alonso López
  • Secretaría de Comercio e Consumo: Gloria Prada Rodríguez
  • Secretaría de Galicia Exterior: Eladio Santos Martínez

Ocupan as Secretarías Executivas: Marta Rouco Seoane, Ana Alvite García, Estefanía Taín Surribas e Celso Fernández López.

SUSPENSIÓN MOMENTÁNEA DO CONGRESO POR INDISPOSICIÓN DUNHA MILITANTE

Os socialistas suspenderon este domingo durante varios minutos o seu XV Congreso que se celebra na Cidade da Cultura debido á indisposición dunha das militantes. Durante o discurso do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a militante comezou a sentirse mal e foi atendida polos servizos médicos, que a evacuaron en padiola. Unha vez evacuada, o líder do PSOE retomou o seu discurso e desexou á socialista unha "pronta recuperación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta