Por Galicia Confidencial | Madrid | 11/04/2016 | Actualizada ás 10:35
A Garda Civil detivo ao expresidente de Banesto, Mario Conde, e a dous dos seus fillos, acusados de branqueo de capitais. Na operación foron detidas un total de seis persoas, entre eles Mario Conde, o seu fillo Mario e a súa filla Alejandra, e o home desta.
Na operación están a practicarse rexistros no domicilio familiar en Madrid e en varias empresas vinculadas ao exbanquero galego.
Os detidos, segundo as investigacións realizadas pola Garda Civil, levaban desde hai tempo repatriando cantidades moderadas de diñeiro desde Suíza e Reino Unido a España, procedentes, ao parecer, do evadido de Banesto, o banco que dirixira Conde.
O ex presidente de Banesto presentarase ás pasadas eleccións autonómicas galegas de 2012 ao fronte de Sociedad Civil y Democracia (SCD) co obxectivo de entrar na Cámara galega e dar, así, o paso para a política española. Sen embargo, os malos resultados colleitados --quedou como sexta formación política--, fixeron que pensara en retirarse da política activa.
Conde decidiu deixar a formación que el mesmo creou en mans da empresaria María Jamardo que gañou as eleccións primarias de SCD co 68,9% do voto emitido, é dicir, con 100 apoios, mentres os outros candidatos, Manuel Xurado e Emilio Quintana, obtiveron 28 e 17 respectivamente. Un acto que tivo en setembro do 2009 no Ateneo de Madrid. Desde entón, a actividade de SCD é nula.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.