Por Galicia Confidencial | Tomiño | 12/04/2016 | Actualizada ás 09:06
O presidente da Sociedade Xitana de Galicia e autodenominado "príncipe dos xitanos" galegos, Sinaí Giménez, foi detido esta madrugada, xunto a outro seis persoas, no marco dunha operación desenvolvida pola Garda Civil. A operación tivo lugar na parroquia de Amorín, no municipio pontevedrés de Tomiño, onde reside parte do clan familia dos "morones".
A súa detención ten que ver cos problemas xurdidos nos últimos meses nos mercados ambulantes de varias localidades do sur de Pontevedra, entre o clan dos "morones" e o dos "zamoranos". Estes últimos denunciaron que tiñan que pagarlle aos "morones" para poder traballar, ata que se negaron e comezaron, entón, unha serie de conflictos e pelexas que mesmo provocaron a suspensión temporal de varias feiras.
Precisamente, aos detidos impútaselles pertenza a un grupo criminal por suposta extorsión a vendedores ambulantes da familia dos zamoranos. A operación, que se iniciou esta madrugada, aínda continúa aberta e practicáronse diversos rexistros domiciliarios.
Hai case dous anos, un dos irmáns de Sinaí Jiménez xa fora detido nunha espectacular operación antidroga en Mos. Está pendente de xuízo por tráfico de estupefacientes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.