A lingua galega “vive” en Lugo cun programa adicado a Manuel María

O alumando dos obradoiros do proxecto Lingua Viva poñerán en escea unha peza baseada na obra “Unha vez foi o trebón” do escritor chairego.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 13/04/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A lingua galega “vive” en Lugo grazas aos estudantes que participan nun programa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo adicado a Manuel María, escritor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas.

O poeta e escritor Manuel María
O poeta e escritor Manuel María | Fonte: www.letranasobras.com

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do Lingua Viva, un proxecto que contempla obradoiros de teatro e danza para difundir a obra do escritor chairego e dignificar a lingua do país.

“É un proxecto aberto, anovador e flexible co que queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia” suliñou Ferreiro durante a presentación.

O prazo de inscrición ábrese o xoves 14 de abril e rematará o xoves 21 de abril, incluído. As persoas que desexen participar poden informarse das datas e horarios na Área de Cultura da Deputación de Lugo e deberán inscribirse no rexistro da Deputación, cubrindo o formulario que estará a disposición do público na web v1deputacionlugo.gal, chamando ao 982-260-180 ou no e-mail ana.culturaedeporte@deputacionlugo.org. Haberá obradoiros de teatro e danza para todas as idades, para nenas e nenos desde os 8 anos e para público adulto de todas as idades, comezando o 25 de abril que se prolongarán durante o mes de maio, ata o 17 de maio. Así mesmo, destaca tamén o feito de que haberá un grupo de traballo específico co grupo de teatro amador Down Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 nostrus

Yo me pregunto porque el nacionalismo no se fanatiza con la gaita gallega del mismo modo que lo hace con la lengua. La gaita gallega tambien es un simbolo de identidad de Galicia.

1 Bufffff

Si bueno, Manuel María é a desculpa. Agora que nos conten a cantos amiguiños enchufaron para esta comedia, e canto chuparon do bote os sinvergonzas.