Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/04/2016 | Actualizada ás 13:00
Tres persoas foron detidas e enviadas a prisión na Coruña por asaltar a un sen teito que durmía resgardado no interior dun caixeiro automático dunha sucursal bancaria da cidade. Tras botarlle un líquido na faciana e golpealo leváronlle 300 euros e o seu teléfono móbil.
Segundo explicou a Policía, os feitos tiveron lugar o 1 de abril cando a vítima foi asaltado por un home e unha muller mentres durmía, e outro home estaba no exterior vixiando. Así, e mentres ela lle botou na cara un líquido que, polo cheiro, parecía colonia, o home agrediuno para que lles dese o diñeiro que tiña.
Os asaltantes atoparon a súa carteira e quitáronlle tres billetes de cen euros, así como o teléfono móbil e o cargador. O agredido foi trasladado ao hospital para valorar as lesións que presentaba na cara e, pouco despois, os asaltantes foron arrestados.
Os dous homes arrestados, de 65 e 47 de idade, contaban con detencións anteriores e a muller, de 37, non fora detida antes. Foron acusados de roubo con violencia ou intimidación.
Tres persoas foron enviadas á cadea por roubar a un sen teito que durmía nun caixeiro da Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.