O PSdeG, convencido de que non será terceira forza en Galicia

Romeu asegura que o PSdeG ten vontade de ser “a cabeza dun goberno alternativo” e non considera “para nada” quedar por baixo das mareas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/04/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Os socialistas, ou cando menos os seus dirixentes, están convencidos de que o PSdeG non se converterá na terceira forza política galega logo das vindeiras autonómicas e, polo tanto, non sufrirá un sorpasso, como aconteceu en 1997, cando Xosé Manuel Beiras situou ao BNG nas súas máximas cotas de apoio político na Cámara galega, convertendo a esta formación na segunda da cámara galega.

José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG
José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG | Fonte: cadenaser.com

"Hoxe somos a alternativa real a un goberno de Núñez Feijóo e a vontade é ser a cabeza dun goberno alternativo. Ese é a formulación antes das eleccións e logo falarán os electores", dixo este venres o portavoz do PSdeG no Parlamento galego, José Luís Méndez Romeu, que recalcou que o seu partido "non considera de ningún xeito" ser terceira forza en Galicia tras as eleccións autonómicas previstas para o próximo outono.

Nunha conferencia de prensa na Cámara galega, Méndez Romeu tamén evitou falar sobre as informacións que o sitúan na loita por facerse co liderato no PSdeG. "Cando decidan serán oportunas e quen gañe terá todo o meu apoio", limitouse a dicir, aínda que lembrou que a Xunta asegura que as eleccións aínda serán dentro de seis meses, polo que considerou que queda tempo.

Sobre as reunións que está a manter o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con distintas agrupacións por toda Galicia, o portavoz do PSdeG no Parlamento afirmou que "está a facer un gran servizo tentando articular unha nova maioría e superar as diferenzas nun proxecto común".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 XanKaraLlás

E o BNG será cuarta... Que vergoña e que rémora para vencer a dereita en Galiza. Por im bé ci les.

1 Comunista

Cuarta? Se queda detrás de C´s e de Democracia Ourensana quedará no sexto lugar e fóra do parlamento, propiciando así a vitoria de Feijóo.

3 Tere

Por iso ordenan sacar todo o día nas emisoras locais da SER o que pensan e din e fan os do BNG. ¿Por que non se presentan en coalición?

2 Gamela

alucinante que esta tropa que leva séculos á sombra do PP agora se poñen detrás do AUTOCRÁTICO Abel coma se alguén pensara en votar a tal tropa de VIVIDORES !!! O malo é que sen democracia interna en PODEMOS GALICIA, En Marea é capaz de resucitar un novo bipartito con PSdG / AGE para terminar de escarallar Galicia! Abel chámase Caín e o PSdG aínda ten que sentar no banquillo ao tapado José Blanco (Angrois + Estado Alarma Controladores) // Noxo dan...

1 per