Por Galicia Confidencial | Lugo | 25/04/2016 | Actualizada ás 19:08
A Deputación de Lugo anunciou que investirá 4,48 millóns no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal. Unha inversión que, segundo indicou o vicepresidente , o nacionalista, Antonio Veiga, cuadriplica a asignación para este plan con respecto a anos anteriores.
Os investimentos aos que vai destinado esta partida son “para servicios básicos e a rede viaria provincial”. A partida para obras de competencia municipal é de 3.681.983 euros e para a rede viaria provincial é de 800.000 euros.
Precisamente, este plan fora motivo de enfrontamento entre o PP e o deputado díscolo Manuel Martínez co bipartito de PSdeG e BNG. “A oposición pedía duplicar este orzamentos, pero o compromiso deste equipo de Goberno é a de cuadriplicar esta cuantía con respecto ao outros ano”, dixo Veiga sobre estas contas.
Veiga lembrou ademais que con estas cifras incrementase a porcentaxe que inviste a deputación e denunciou que o Goberno do Estado “deixou de facer a aportación ás Deputacións para este Plan de Obras e Servizos”. “Rajoy deixou unha vez máis tirados aos Gobernos da provincia de Lugo que son os mais necesitados, debido a súa dispersión poboacional e o avellentamento”, remarcou.
Os concellos que desexen concorrer a este Plan deben solicitar axudas para obras de competencia municipal, e teñen que figurar como obra de déficit, na enquisa de infraestruturas equipamentos locais que realiza a propia Deputación. A cantidade mínima que se destina a cada concello son 30.000 euros, dos cales a Deputación pon o 75% e o Concellos o 25%.
Rede Natura
Por outra banda, a deputada responsable de Medio Ambiente, a socialista, Sonsoles López, anunciou unha proposta para axilizar a tramitación administrativa de licenzas en Rede Natura 2000 e no ámbito de protección dos Camiños de Santiago.
Por iso, solicita que a Consellería de Medio Ambiente regule determinadas intervencións sen impacto ambiental e acordes co Plan Director da Rede Natura 2000, de xeito que non precisen de autorización autonómica previa, permitindo así que axilice a tramitación do resto de expediente de obras maiores.
Ademais, demanda que se marque un prazo máximo para que calquera intervención sectorial no territorio, vía informe ou autorización para que se emitan nun prazo máximo transcorrido o cal se entendera concedido por silencio administrativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.