A empresa da Fábrica de Armas, inscrita nun rexistro de morosos

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou onte que a Xunta “non quere investigar” as irregularidades que está a cometer a concesionaria da Fábrica de Armas de A Coruña, Hercules de Armamento.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/04/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O deputado socialista presentou unha pregunta no Pleno  sobre os “turbios compromisos” do PP con Hércules de Armamentos e unha suposta “especulación urbanística” cos terreos.

Fábricas de Armas na Coruña
Fábricas de Armas na Coruña | Fonte: onemagazine.es

Segundo figura na base de datos de Einforma consultada por GC, Hércules de Armamento acaba de ser dada de alta no “Experian Bureau Empresarial, Morosidad Bancaria y Multisectorial (E.B.E. Morosidad)”, un dos ficheiros nos que os operadores dos sector financeiro van metendo aos que non cumpren cos seus compromisos.

O responsable socialista advertiu que o goberno galego foi alertado no seu momento tanto pola anterior concesionaria como polos sindicatos e o Grupo Socialista –con 22 iniciativas nesta lexislatura- sobre os serios problemas de viabilidade da empresa. Lembra que Hércules de Armamento asumiu a concesión en 2014 logo de ser creada ad hoc, e sen ofrecer capital social nin garantías.

Menos de dous anos máis tarde, sinala, evidénciase que “a que dixeron que ía ser o corazón do I+D de Galicia nunca pasou dun chiringuito”. Sinalou que a pesares de estar obrigada a dedicar a metade da súa produción a armas “non ten ningunha produción, non paga as cotas da Seguridade Social, adebeda 500.000 euros, non paga salarios, non paga a provedores nin o canon da concesión”.

Acusou aos gobernos galego e central de “tolerar os contratos irregulares e as constantes fraudes” da empresa, que ten situado aos seus traballadores “nunhas condicións peores das que provocaron o nacemento do movemento obreiro”. Preguntoulle ao goberno galego si “esa é a súa política de relacións laborais: logo de arruinar os salarios, os servizos públicos e a protección social agora propoñen traballar sen salario”.

Méndez Romeu nun debate no Parlamento
Méndez Romeu nun debate no Parlamento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sesese

Iso e, un chiringuito