O xuíz ordena repetir parcialmente as eleccións dos empresarios de Pontevedra

A CEP terá que repetir a elección da Vicepresidencia de Territoriais da organización, pero non o da Presidencia, tal e como pedían os críticos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/05/2016 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Pontevedra  (CEP) terá que repetir parte das súas eleccións. O xulgado de primeira instancia número 1 de Vigo ditou sentenza admitindo parcialmente a demanda interposta por un grupo de asociacións críticas coa actual dirección da CEP.

Mato, no centro, reitor da Uvigo, o ex presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, e o seu homólogo a nivel provincial, Jesús Cebreiros
Mato, no centro, reitor da Uvigo, o ex presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, e o seu homólogo a nivel provincial, Jesús Cebreiros

Con todo, só ordenou repetir a elección para a Vicepresidencia de Territoriais da organización, a pesar de que os denunciantes reclamaran a repetición de todo o proceso electoral, que concluíu coa proclamación de Jorge Cebreiros como presidente da patronal pontevedresa.

O xuíz estimou que unicamente se pode falar dun único voto inválido. Trátase dun voto dobre, o dunha persoa que o delegara e que tamén votou de forma persoal. Esta irregularidade afectou á designación da Vicepresidencia de Territoriais, que se resolveu en favor do candidato de máis idade por producirse un empate; e agora o xuíz ordenou repetir a elección deste cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta